11 de xaneiro de 2015

Nadal 2014: Agasalla un préstamo

Nestes tempos de crise, o equipo da Biblioteca propúxose que todo o mundo poidese dar e recibir un bo agasallo de Nadal.

Mercamos papel, etiquetas e convidamos a alumnos, profesores e demais membros da comunidade educativa a pasar pola biblioteca para escoller unha lectura, unha película, un cómic que poidese gustar a ese alguén especial a quen queriamos agasallar cun detalliño de Nadal. Que mellor que un préstamo da nosa biblioteca primorosamente envolto?

As peticións foron tantas que case non dimos envolto todo a tempo!!

O último día antes das vacacións de Nadal os solicitantes e os agasallados pasaron pola biblioteca a recoller os seus préstamos. Resultou unha festa!!

Non conformes aínda, o equipo da biblioteca fixo os seus agasallos ao persoal de Conserxería e Administración e hasta fixemos de Papa Noel acudindo a facer as entregas polas aulas. Un xeito xenial de rematar o ano!!














Agora tocaba entregar os agasallos ao persoal de Conserxería e Administración...








E rematamos visitando as aulas!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Graciñas por participar en biblioviva