23 de novembro de 2015

25N: NON AO MALTRATO

O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional contra a violencia de xénero. Para reflexionar sobre este problema, as súas causas e as vías para solucionalo, propoñémosvos o visionado deste cortometraxe rodado polos irmáns Esteban Alenda, nominado aos premios Goya no ano 2011, "El orden de las cosas"

Este curto é unha sucesión de acertadas metáforas e recursos visuales mediante as cales os irmáns César e José Esteban Alenda mostran a súa visión sobre a problemática dos malos tratos. Así desde a omnipresencia do auga como o valor e o estado de ánimo da protagonista, cuxo nivel vai variando, a ese cinto que Marcos busca desesperadamente ao ser a herdanza que recibiu de seu pai.

A protagonista é Julia e a súa vida encerrada nunha bañera de tristeza e soños truncados, de violencia machista e silencios cómplices, do medo que paraliza ás mulleres maltratadas.  Pero esta historia, sobre todo, fala de esperanza e de valentía, dese valor que se reúne pinga a pinga para poder cambiar a orde das cousas e construír unha nova vida.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Graciñas por participar en biblioviva