21 de decembro de 2016

Nova sesión do Club de Lectura: "El Olvido que seremos"

O pasado luns reuniuse de novo o Club para comentar a lectura "El olvido que seremos" de Héctor Abad.

Houbo, como corresponde a un bo club, diversidade de opinións. O mellor, os comentarios compartidos, a oportunidade de falar de Hispanoamérica, de outras lecturas, de series, de películas, de experiencias familiares...



Como é o noso primeiro Nadal, quixemos ter un pequeno detalle coas alumnas do club que nos axudan a levalo adiante. A elección foi sinxela: unha obra do último autor que acadou o premio Cervantes, Eduardo Mendoza, "El asombroso viaje de Pomponio Flato", onde os protagonistas son un carpinteiro chamado Xosé, o seu fillo Xesús e a súa dona, María. Un argumento moi navideño...




Para rematar, a proposta de lectura para a seguinte sesión



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Graciñas por participar en biblioviva