27 de abril de 2016

Andrea Maceiras visita o IES Universidade Laboral

Onte tivemos a sorte de ter a oportunidade de comentar en directo con Andrea Maceiras a súa obra "Nubes de evolución". Todo o alumnado de 1º de Bacharelato, acompañado dos profesores do Departamento de Lingua Galega, puido coñecer o proceso de creación da obra, o deseño das personaxes e a elaboración da trama argumental. Houbo ocasión tamén para falar de cine, literatura, os estudos de Filoloxía...unha charla amena e enriquecedora.


A continuación, Andrea Maceiras visitou a biblioteca do centro, onde firmou exemplares das súas obras e tamén respondeu a novas preguntas












Deixounos tamén a súa dedicatoria nos exemplares da biblioteca


Grazas a Andrea e a editorial Xerais que fixo posible este encontro.

Xa estamos esperando que volva para falarnos da súa nova obra "Europa Express". Na biblioteca xa temos tres exemplares dispoñibles!!


26 de abril de 2016

Os libros son para valentes e.... solidarios

O luns 25, co gallo do Día do Libro Solidario, tivemos ocasión de combinar libros e solidariedade.



A cambio dun dos libros expurgados da antiga biblioteca pediamos un litro de leite.

O resultado: dunha banda, tivemos o posto cheo co persoal do centro, profesores e alumnos escollendo a súa próxima lectura...






.... E o mais importante: recollemos mais de 400 litros de leite para o Banco de Alimentos Rías Altas.


Unha celebración do Día do Libro moi gratificante. Ata onde chega o poder dos libros!!

 Queda claro que os libros son para os valentes, como di Pedro Feijoo no seu texto; pero nós engadimos: e para os solidarios!!

24 de abril de 2016

"Os libros son para valentes"

Con motivo do Día Mundial do Libro, Pedro Feijoo agasalla ás Bibliotecas Escolares de Galicia un fermoso texto, "Os libros son para valentes".

Todos os que participen o luns 25 de abril no Día do Libro Solidario aportando un litro de leite recibirán xunto ao libro elixido  o díptico co texto de Pedro Feijoo. E recordade que "Para todos hai un libro. Ou dez. Ou mil. Outra cousa é que esteamos dispostos a abrilos. Que me decides, valentes, atrevédesvos?

21 de abril de 2016

Xa temos o Boletín nº 2

Xa podes ler o novo Boletín, con todas as novidades no centro, recomendacións, entrevistas e as fotos dos grupos de Ciclos que remataron a súa formación no centro.


19 de abril de 2016

Proxecto Global Goals. Colaborando coa Operación Pangono Pangono no Día do Libro Solidario

Como sabedes, varios profesores do centro están intentando levar adiante un proxecto solidario en Malawi

Foron eles os primeiros que nos falaron dos obxectivos Global Goals

Pica na imaxe para obter mais información

http://www.globalgoals.org/es/


Dende a biblioteca queremos convidar á comunidade educativa para traballar para o logro destes obxectivos.

Coa actividade do Día do Libro Solidario consideramos que damos visibilidade aos seguintes:

 1. Colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas na recollida de leite




2. Colaboración coa Operación Pangono Pangono, recordando o seu proxecto de sistema de bombeo solar para Chezi (Malawi)





3.  Promover alianzas da sociedade civil para o logro das metas (Biblioteca ULaboral, Operación Pangono Pangono, Banco de Alimentos Rías Altas)




Día do Libro Solidario



Para celebrar o Día do Libro decidimos compartir coa comunidade educativa un lote de libros que expurgamos da nosa antiga biblioteca. Trátase de libros que non tiñan demanda na nova biblioteca ou estaban comezando unha fase de deterioro dadas as malas condicións térmicas do antigo local (onde continúan a estar gran parte dos fondos).



Aproveitamos para facer unha acción solidaria, intercambiando un litro de leite para o banco de alimentos Rías Altas por cada libro.


Queremos enmarcar a actividade como unha acción en apoio dos Global Goals

14 de abril de 2016

Novas recomendacions lectoras

Xa temos no forno o novo Boletín da Laboral. Nos vindeiros días poderás coñecer as novidades no centro.

Nas súas páxinas atoparás información sobre as actividades da biblioteca. Destacamos moitas recomendacións que o equipo da biblioteca recolleu  entre profesorado e alumnado, tanto en inglés como en francés, castelá e galego. Aquí tes un adianto


6 de abril de 2016

Ampliamos o noso horario!!

Durante o terceiro trimestre poderás utilizar tódolos servizos da biblioteca en todo o horario lectivo da mañá. Tamén atoparás a biblioteca aberta polas tardes.

Compartimos o novo horario