5 de xuño de 2017

Despedida do Club de Lectura

Hoxe tivemos a última sesión do noso CUL (Club ULaboral). Tocaba falar dun libro exquisito: "Carta de una desconocida" de Stefan Sweig




Foi nesta última sesión onde houbo unanimidade: a obra gustou a tod@s, polo seu estilo literario, pola historia que conta, polo asombro que produce o comportamento da protagonista, polo debate arredor do significado do amor...

Para rematar compartimos un xantar na cafetería do centro. Coa sobremesa chegou a sorpresiña final


A tarta resumo dun ano de lecturas.



A verdade que é un remate perfecto para o doce sabor que nos deixa este primeiro ano pola aventura dos Club de Lectura.


O mellor: que pasamos o tempo do café con miles de propostas lectoras para o curso próximo. E as risas, claro!!

O ano que ven, máis e mellor!!

29 de maio de 2017

Antón Riveiro Coello e Carlos Casares: "A ferida do vento" e "Vento ferido"

Hoxe tivemos o pracer de recibir na Laboral grazas ao EDLG do centro a Antón Riveiro Coello.




Antón acercounos á figura de Carlos Casares a través da súa obra "A ferida do vento",  homenaxe a Casares e a vila de Xinzo de Limia.



Trouxo fotografías do seu álbum familiar (a muller de Antón é parente da familia Casares) e contounos anécdotas e conversas con el.


Tamén houbo tempo para recomendacións lectoras e musicais e para falar da vocación de escritor e do proceso de creación literaria.

Unha tarde moi aproveitada!!

17 de maio de 2017

Día das Letras Galegas e Carlos Casares

Como sabedes, hoxe celebramos o día das nosas letras, cunha homenaxe a Carlos Casares.

Na nosa escada expositora atoparedes algunha das súas obras


Se queredes coñecer máis sobre a súa biografía e a súa producción literaria e periodística, premede na imaxe

http://fundacioncarloscasares.org/fotografias/

O Club de Lectura comenta "Os nenos da varíola"

Esta semana das Letras Galegas o noso Club de Lectura reuniuse para falar da novela de Maria Solar "Os nenos da varíola".



Todos coincidimos en que é unha obra moi amena, de lectura doada para todas as idades. O mellor, sen dúbida, todos os temas que foron saíndo grazas a esta lectura: os avances científicos, a reivindicación do papel de mulleres valentes como Isabel Zendal, o descubrimento de episodios históricos esquecidos inxustamente, reivindicarnos como coruñeses protagonistas da historia... Coma en cada sesión, o club e a conversa levounos a falar de outros libros, de música, de películas, de viaxes... Unha auténtica ledicia.


Para rematar o curso e as sesións do Club propuxemos unha lectura corta pero intensa, que pensamos que nos vai levar a unha intensísima conversa.

O autor e a obra prometen...


8 de maio de 2017

Fala bonito, fala galego!!

O EDLG ven de propoñernos participar na súa campaña "Fala bonito, Fala galego".



Trátase de escoller a palabra que máis vos guste en galego. Na biblioteca tedes carteis con algunhas das palabras máis fermosas no noso idioma.




Moitos dos profesores e persoal non docente xa partiparon para anirmarvos





























Entre todos os alumnos que participen coa súa foto sortearase unha tarxeta/agasallo da FNAC. Recorda compartir a túa foto coa etiqueta #ULfalabonito en calquera rede

2 de maio de 2017

Quantic Love, outro xeito de falar de física

Resultado de imagen de quantic love





Os alumnos que cursan Educación Secundaria de Adultos andan a ler "Quantic Love" de Sonia Fernández-Vidal, grazas a proposta do seu profesor e coa colaboración da biblioteca. Unha boa combinación: literatura e física; ciencia e amor





Se picades na portada do libro podedes ler todos os seus comentarios


1 de maio de 2017

Asumes o risco? A seguridade no traballo é o primeiro

Este ano no centro quixemos remarcar a importancia da seguridade no traballo, e concretamente a necesidade de empregar correctamente os EPI'S (Equipos de Protección Individual).

Elaboramos uns cuestionarios que se completaron nos propios talleres coa colaboración do profesorado de FOL e dos profesores dos talleres respectivos


Examináronse os EPI's de cada taller





Fixemos unha exposición de EPI's no hall da entrada




O proxecto rematou o venres 28 de abril, data no que se celebra o Día Internacional da Saúde no Traballo, con un MANNEQUIN CHALLENGE na explanada de entrada ao centro con todas as familias profesionais portando os seus equipos de traballo.


Un xeito diferente de apreciar a importancia da seguridade e tamén unha oportunidade de descubrir toda a variedade de tarefas que se desenvolven nos nosos talleres e aulas. Mirade, mirade...


24 de abril de 2017

Seguimos celebrando o Día do Libro coa nosa volta ao mundo

Aproveitamos o primeiro día lectivo para pasear pola nosa exposición, visitando máis dun cento de paises da man de moitos libros que temos na biblioteca. Escolle a túa lectura para a viaxe














23 de abril de 2017

Feliz Día do Libro!!






Este ano propoñémosvos percorrer o mundo lendo os libros da nosa biblioteca.

Podemos comezar dando unha volta por África, visitando Exipto, O Sáhara, Tanzania...


Continuamos visitando as exóticas Asia e Oceanía


Chegaremos así a América




Xa toca visitar Europa, e, claro, España e Galicia



Podedes visitar tamén a nosa exposición no hall




Visitade mañá, luns 24, a exposición cos libros e as súas bandeiras. Xa o temos todo preparado