16 de abril de 2024

Xa temos listos os nosos deliciosos lotes de libros e productos galegos. Recomenda unha lectura e participa

 Mira o que temos preparado para celebrar o día do libro!



Para participar:

  1. Visita a biblioteca.
  2. Fai unha recomendación lectora, no documento xa preparado.
  3. Saca unha foto co teu libro recomendado.
  4. Podes facer cantas recomendacións queiras; cantas máis fagas, máis opcións de gañar o delicioso lote.

15 de abril de 2024

Preparando Deliciosas Lecturas para o Día do Libro

 Cada ano procuramos facer unha boa festa que celebre os libros e a lectura.

Desta volta, pensamos en agradecer as recomendacións "gourmet" que nos fagan os nosos usuarios premiandoos cunha participación nun sorteo de delicias galegas.



Trátase de que cada usuario que o desexe cubra a planilla de recomendación.

 


Tamén pedimos unha fotografía coa lectura escollida. Así xa se consigue unha participación no sorteo de dous lotes de productos galegos, que inclúe, como non podería ser doutro xeito, unha selección de poemas de Luisa Villalta, a homenaxeada este ano polas Letras Galegas.




12 de abril de 2024

O club de lectura visita a exposición "Deuses e heroes do barroco veneciano"

 O Club de Lectura aproveitou a oportunidade ofrecida pola Fundación Barrié de coñecer grandes obras do barroco veneciano.

Resultou unha viaxe de descubrimento da mitoloxía, os heroes e os deuses que protagonizaron as narrativas de artistas que, cun extraordinario talento creativo e unha inspiración exuberante, foron capaces de transmitir a poética barroca no ronsel da tradición pictórica veneciana. As 52 obras (34 pinturas e 18 libros datados entre os séculos XVI e XVIII) que compoñen a mostra forman parte da colección da Fundación Querini Stampalia.






Grazas ao noso guía escoitamos novas versións dos mitos, historias cheas de celos, amor, vingaza e pasións, xusto o que buscamos no noso club.


8 de abril de 2024

Máis English Conversation na biblioteca

 Durante este terceiro trimestre temos máis oportunidades de practicar inglés na biblioteca. Temos grupos e franxas tanto para alumnado como para profesorado. Aproveita e mellora as túas competencias lingüísticas!

 


 

21 de marzo de 2024

O falar non ten cancelas: Radio na Biblio

 Hoxe inauguramos oficialmente a nosa Radio cunha proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Tratouse do concurso "O falar non ten cancelas", dirixido ao alumnado de FPBásica.




Grazas aos profesores que fixeron realidade este proxecto, uns dende o punto de vista técnico e outros dotando de contido e sentido esta nova ferramenta da biblioteca.



















Os gañadores, o equipo de FPBásica de Electricidade. Noraboa!!






O Club de Lectura viaxa a Xapón

 Impresionante viaxe a que fixemos na sesión do Club, grazas a Jiro Taniguchi e o seu "Barrio Lejano".

Que pracer descubrir outra cultura da man dunha apaixonada como é a coordinadora do noso Club!

Repasamos a información que nos facilitou e así aprendemos de Manga, do autor, da gastronomía e de moitos elementos da súa cultura.
















Coma sempre non faltou o doce, adaptado á sesión, un biscoito xaponés. Aprendemos moitas curiosidades da lingua xaponesa, con palabras de orixe portugués, xa que foron os primeiros europeos en chegar alí.  Exquisita a Kasutera-Castella, un doce portugués popularizado en Xapón.




Con moitas ganas de seguir saboreando outras culturas grazas as lecturas.

8M: participar e reflexionar

 Calquera actividade que se programe para o 8M ten que procurar impactar no máximo número de alumnado, se é posible sobre todo no alumnado masculino. No noso centro, dado o seu perfil, sempre temos presente a visión masculina e tratamos de deseñar actividades que leven a considerar novas visións e perspectivas.

Estamos moi satisfeitas do impacto da actividade deseñada, onde a participación foi masiva.